A xuíza do caso Patos ratifica as imputacións de Caballero, Louzán e a delegada da Xunta en Vigo. As imputacións son todas as solicitadas pola Fiscalía agás tres. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
Feijóo participa nun novo vídeo do PP de Catalunya, neste caso falando en catalán, para pedirlle ao electorado que non opte pola independencia.
A familia de Franco garda na Coruña dúas pezas do Pórtico da Gloria. Cóntao Tanxente
O investimento educativo sobe no Estado pero mantense en niveis inferiores aos de antes da crise. Unha reportaxe de eldiario.es
Alfonso Tourís imponse na votación do comité local do PSdeG en Santiago. Impúxose á lista de Mercedes Rosón, que impugnara a candidatura gañadora por presentarse fóra de prazo.
O Dépor regresa de Sevilla cunha vitoria por 1-2 ante o Betis
O goberno de Ferrol saca adiante o modificativo de crédito tras apoialo o BNG na segunda votación. Cóntao Ferrol 360
Anova abandona a Marea Pontevedra pola "pinza" que, di, a formación fai co PP contra o goberno local do BNG, entre outros motivos. Recólleo Faro de Vigo
El Progreso avanza que PSdeG e BNG teñen xa un preacordo para recuperar o goberno da Deputación de Lugo. O alcalde de Becerreá, que en xuño lle deu a presidencia ao PP, renunciaría agora a dirixir a institución e tamén a vicepresidila.
Feijóo e Susana Díaz participan nun vídeo da entidade Sociedad Civil Catalana contra a independencia de Catalunya. O presidente da Xunta expresa que "como gallego quiero seguir siendo catalán" e amósase "convencido de que los catalanes también quieren seguir siendo los propietarios de los Caminos de Santiago y de la Catedral de Santiago y de las rías gallegas, porque de la misma forma que nos gusta la Costa Brava, a los catalanes les gusta las rías gallegas”.