Alfonso Tourís imponse na votación do comité local do PSdeG en Santiago. Impúxose á lista de Mercedes Rosón, que impugnara a candidatura gañadora por presentarse fóra de prazo.
Fálase
O Dépor regresa de Sevilla cunha vitoria por 1-2 ante o Betis
O goberno de Ferrol saca adiante o modificativo de crédito tras apoialo o BNG na segunda votación. Cóntao Ferrol 360
Anova abandona a Marea Pontevedra pola "pinza" que, di, a formación fai co PP contra o goberno local do BNG, entre outros motivos. Recólleo Faro de Vigo
El Progreso avanza que PSdeG e BNG teñen xa un preacordo para recuperar o goberno da Deputación de Lugo. O alcalde de Becerreá, que en xuño lle deu a presidencia ao PP, renunciaría agora a dirixir a institución e tamén a vicepresidila.
Feijóo e Susana Díaz participan nun vídeo da entidade Sociedad Civil Catalana contra a independencia de Catalunya. O presidente da Xunta expresa que "como gallego quiero seguir siendo catalán" e amósase "convencido de que los catalanes también quieren seguir siendo los propietarios de los Caminos de Santiago y de la Catedral de Santiago y de las rías gallegas, porque de la misma forma que nos gusta la Costa Brava, a los catalanes les gusta las rías gallegas”.
O Tribunal de Estrasburgo rexeita un recurso do narco Marcial Dorado contra o ditame co que o Supremo lle impuxo 10 anos de cárcere por tráfico de drogas. Recólleo Europa Press.
A Coruña iniciará o cambio dos nomes franquistas das rúas coa praza Millán Astray, que pasará a denominarse praza das Atochas o vindeiro 8 de outubro. Avanzouno o alcalde Xulio Ferreiro en Radio Coruña.
Dende esta mañá as urxencias do hospital xeral de Vigo xa non funcionan, ao seren substituídas polas do novo complexo.
As FARC e o Goberno de Colombia selan en Cuba un acordo de paz tras 50 anos de conflito. Recólleo eldiario.es