A Coruña iniciará o cambio dos nomes franquistas das rúas coa praza Millán Astray, que pasará a denominarse praza das Atochas o vindeiro 8 de outubro. Avanzouno o alcalde Xulio Ferreiro en Radio Coruña.
Fálase
Dende esta mañá as urxencias do hospital xeral de Vigo xa non funcionan, ao seren substituídas polas do novo complexo.
As FARC e o Goberno de Colombia selan en Cuba un acordo de paz tras 50 anos de conflito. Recólleo eldiario.es
PSOE e PP acadan un acordo de "estabilidade" para o goberno de Vilagarcía, que os socialistas dirixen en minoría. Recólleo Faro de Vigo
O alcalde de Becerreá di non saber nada dunha posible moción de censura na Deputación de Lugo. Afirmouno nunha entrevista en Radio Voz
O Celta mantense no máis alto da Liga tras lograr un gran triunfo ante o Barcelona por 4-1.
A suma de PP e Ciudadanos igualaría en escanos a de PSOE e Podemos, segundo unha enquisa que publica eldiario.es
A reforma do Constitucional que promove o PP permitiría que o tribunal destitúa o presidente do Goberno de España por tempo indefinido. Cóntao El País
El Jueves publica este mércores o seu número 2.000. A revista satírica leva outras tantas semanas saíndo á rúa, dende a súa creación hai 38 anos.
A maioría dos gandeiros non asinará o acordo do sector lácteo. Cren que o texto, que cualifican de "abstracto e xeneralizado", no dá "garantías" para poder solucionar a crise aberta. Reclaman que o documento defina que é "un prezo sostible"