A suma de PP e Ciudadanos igualaría en escanos a de PSOE e Podemos, segundo unha enquisa que publica eldiario.es
Fálase
A reforma do Constitucional que promove o PP permitiría que o tribunal destitúa o presidente do Goberno de España por tempo indefinido. Cóntao El País
El Jueves publica este mércores o seu número 2.000. A revista satírica leva outras tantas semanas saíndo á rúa, dende a súa creación hai 38 anos.
A maioría dos gandeiros non asinará o acordo do sector lácteo. Cren que o texto, que cualifican de "abstracto e xeneralizado", no dá "garantías" para poder solucionar a crise aberta. Reclaman que o documento defina que é "un prezo sostible"
Costas acepta o 10% das solicitudes para legalizar en Galicia núcleos mariñeiros, 14 de 142.
O fiscal da Operación Patos sospeita de 44 contratos públicos por máis de 17 millóns, entre eles a prórroga a Cespa para o coidado dos xardíns de Vigo (5,5 millóns), ou obras nos campos de fútbol de Coia, Coruxo, Moraña e Balaídos (3.5 millóns)
O engano realizado por Volkswagen durante anos para vulnerar as normas anticontaminación, con medio millón de vehículos trucados e emitindo máis gases do permitido, levan a empresa a caer un 20% nas bolsas, arrastrando outras compañías do sector
A organización do Culturgal resalta que só restan 7 stands libres para a edición 2015 da feira das industrias culturais, que se celebra en decembro en Pontevedra.
A UE acorda a repartición de 120.000 refuxiados co voto en contra de varios países do Leste. Chequia, Hungría, Romanía e Eslovaquia optaron polo 'non'.
Rajoy non é quen de aclarar que acontería coa nacionalidade española da cidadanía catalá no caso da independencia. Fíxoo nunha entrevista en Onda Cero que recolle eldiario.es