A organización do Culturgal resalta que só restan 7 stands libres para a edición 2015 da feira das industrias culturais, que se celebra en decembro en Pontevedra.
Fálase
A UE acorda a repartición de 120.000 refuxiados co voto en contra de varios países do Leste. Chequia, Hungría, Romanía e Eslovaquia optaron polo 'non'.
Rajoy non é quen de aclarar que acontería coa nacionalidade española da cidadanía catalá no caso da independencia. Fíxoo nunha entrevista en Onda Cero que recolle eldiario.es
O triatleta galego Javier Gómez Noya aterra en Vigo coa medalla que o acredita como campión do mundo por quinta vez. (Imaxe difundida pola Radio Galega)
DIA anuncia denuncias contra gandeiros que bloquearon o seu almacén en Santiago durante a tractorada e Unións Agrarias chama ao boicot. Cóntao Campo Galego
Yanis Varoufakis comparecerá este mércores no Parlamento grego ante a Comisión da Verdade sobre a Débeda Pública para explicar os motivos da súa dimisión e outros detalles das negociacións entre a Troika e o Goberno. A Comisión é tamén a encargada de auditar o terceiro memorando.
Traballadores do Hospital de Vigo propoñen unha folga de 24 horas e boicotear o aparcamento privado. Esixen que o Álvaro Cunqueiro sexa "100% público".
Rueda renuncia a dirixir a campaña do PPdeG nas xerais, segundo recolle La Voz
Rueda renuncia a dirixir a campaña do PPdeG nas xerais, segundo recolle La Voz
Sindicatos denuncian que o novo borrador do acordo lácteo non recolle as súas peticións e sinalan que a proposta recibida onte non define prezo sostible nin sancións. Produtores, industria e distribución están citados mañá para asinar o acordo.