Traballadores do Hospital de Vigo propoñen unha folga de 24 horas e boicotear o aparcamento privado. Esixen que o Álvaro Cunqueiro sexa "100% público".
Fálase
Rueda renuncia a dirixir a campaña do PPdeG nas xerais, segundo recolle La Voz
Rueda renuncia a dirixir a campaña do PPdeG nas xerais, segundo recolle La Voz
Sindicatos denuncian que o novo borrador do acordo lácteo non recolle as súas peticións e sinalan que a proposta recibida onte non define prezo sostible nin sancións. Produtores, industria e distribución están citados mañá para asinar o acordo.
A Seguridade Social ábrelle expediente ao PP polo último contrato de Bárcenas
O Banco de España ameaza a Catalunya co 'corralito' no caso de independencia. Recólleo eldiario.es
O PSOE sería a primeira forza nas xerais, segundo unha sondaxe de Metroscopia para El País que sitúa o PP apenas un punto por baixo e no que as persoas enquisadas din preferir un Goberno apoiado por máis dun partido.
As forzas independentistas roldan a maioría absoluta en Catalunya a unha semana das eleccións, segundo unha enquisa que hoxe publica eldiario.es
Campo Galego destaca que Gadisa segue usando o leite como reclamo comercial malia o compromiso adquirido cos gandeiros.
Syriza gaña as eleccións. A pesar de que o escrutinio oficial está aínda no 25%, o líder de Nova Democracia, Vangelis Meimarakis, xa recoñeceu a vitoria de Tsipras, por unha marxe moi superior á anunciada polas sondaxes. Syriza obtería 144 deputados e o 35,4% dos votos, un punto menos que en xaneiro, fronte ao 28% de ND, que repetiría o resultado de hai meses. A maioría absoluta está fixada en 151 escanos.