Piratas de Galicia busca a Nito75, o internauta condenado a perder a súa conexión sen sequera ter sido escoitado no procedemento xudicial que lle afecta. Ofrécenlle a asesoría xurídica dos seus avogados e destacan que "é un bo momento para reavivar o debate sobre as excesivas medidas xudiciais que se están a impor en España neste tema".
Fálase
As asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán organizan este luns no castelo de San Filipe, en Ferrol, unha homenaxe a Amada García e outros sete compañeiros, fusilados alí polos fascistas en xaneiro de 1938
Alejo Vidal-Quadras, vicepresidente do Parlamento Europeo e até onte membro da Xunta Directiva Nacional do PP, deixa o Partido Popular para ingresar en Vox, a organización de José Antonio Ortega Lara e Santiago Abascal.
O Goberno cre que a reforma do aborto terá un "efecto positivo" na economía, polos "beneficios esperados polo incremento da natalidade"
Rematou a xornada na 2ªB. Coruxo e Rácing de Ferrol empataron (1-1). Empate tamén do Celta B ante o Marino (1-1). E derrota de Ourense (1-2 ante o Sporting B). Os ferroláns comparten liderado co Rácing de Santander
O historiador Fernando Pereira Bueno recompila, documenta e analiza máis de 150 retratos, fotografías e debuxos da poeta no libro Rosalía de Castro. Imaxe e realidade (Xerais). Entrevístao Faro de Vigo
Rematou a xornada na Terceira galega.
Laracha 0-0 Rápido de Bouzas
Dorneda 0-2 Somozas
Bertamiráns 1-1 Deportivo B
Grixoa 2-0 Negreira
Racing Vilalbés 1-0 Ordes
Cultural Areas 0-1 Pontevedra
Choco 3-3 Boiro
Cerceda 0-0 Betanzos
As Pontes 6-0 Alondras
Arousa 3-3 BarbadásEsta fin de semana finou aos 77 anos de idade Miguel Romero, Moro, fundador da Liga Comunista Revolucionaria e dende 1991 editor da revista Viento Sur. Jacobo Rivero dedícalle un artigo en Diagonal.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública denuncia que as listas de espera reais na área sanitaria de Vigo son moi superiores ás recoñecidas pola Consellaría de Sanidade
Wikipedia anuncia un novo proxecto denominado WikiVIP (Wikipedia Voice Intro Project), co obxectivo de incorporar as voces de persoas notables á enciclopedia en liña