O Celta derrota o Valladolid (3-1) con goles de Iago Aspas (2) e Álex López. O equipo vigués deixa os postos de descenso a tres puntos tras a clara vitoria de hoxe.
Fálase
Novagalicia Banco ingresa 193 millóns por desinvestimentos en empresas participadas. A entidade levou a cabo trece operacións de venda o ano pasado.
Chávez será presidente despois do 10 de xaneiro, segundo asegura o presidente da Asemblea de Venezuela, logo da súa reelección.
Feijóo presume da situación de Galicia. "Xa lle gustaría a España ter o 21% do paro e o 1,5% de déficit", di nunha entrevista en El País, na que recoñece que "Rajoy non está a cumprir os seus compromisos, pero si o seu deber".
O Banco de España "mirou cara a outro lado" ante os indicios de delito nas caixas. Así o asegura o informe elaborado polos inspectores do organismo regulador que recolle El País.
O Deportivo vence o Málaga en Riazor (1-0) e abandona o último posto da clasificación. Un gran gol de Pizzi deu unha merecida vitoria aos de Domingos Paciencia na súa estrea no banco dos galegos.
Rajoy responde a dous afectados polas preferentes que non se pode comprometer a algo do que non está convencido. Cóntao El Diario.
Chávez comunicarase telefonicamente co pobo de Venezuela en canto llo permitan os médicos. Así o vén de asegurar o vicepresidente, Nicolás Maduro.
O Santiago Futsal golea o líder (5-1). O equipo compostelán asina un enorme partido e vence con claridade o Inter Movistar con tres goles de Raúl Campos.
O Liceo empata co Barcelona (2-2) e mantén o liderado da OK Liga de hóckey. Os tantos de Lamas e Bargalló permiten o equipo galego seguir na cabeza da táboa. Imaxe de @CPazitos.