A cicloxénese elevou a produción eléctrica eólica nos últimos días, até superar o 50% do total, e ademais rebaixou o prezo da enerxía no mercado eléctrico maiorista dende os 71 euros do pasado domingo, até os 12 euros de hoxe.
Fálase
A Deputación de Lugo únese á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. É a primeira institución pública do país que o fai, destaca nun comunicado
O Goberno central prevé conxelar mañá o salario mínimo interprofesional, segundo lles avanzou aos sindicatos CC.OO e UGT. En El Diario
Feijóo asegura que a Xunta reconstruirá o santuario da Virxe da Barca "custe o que custe"
Imputadas once persoas máis no Concello da Coruña no caso 'Pokémon', entre elas, o 'número dous' de Carlos Negreira.
O BNG formaliza na Fiscalía a petición para que se investigue a venda de Novagalicia Banco. Para Xavier Vence, esta operación "anticipada e pouco transparente" puido implicar un "delito de prevaricación e malversación de fondos públicos".
The Telegraph retrata España como No Job Land, a través dun vídeo no que amosa a situación de tres familias con todos os seus integrantes en situación de desemprego
La Gaceta pecha a súa edición en papel, segundo avanza PR Noticias. O diario de Intereconomía celebrou, en febreiro de 2012, o peche de Público.
El Diario debulla o proxecto FLOK Society, impulsado polo goberno ecuatoriano e que aposta por deixar atrás a economía extractivista e construir unha economía social do coñecemento baseada no respecto á natureza, o software e culturas libres.
GCiencia entrevista o matemático e catedrático galego Anxo Sánchez, que subliña que "reestruturar determinadas conexións interbancarias axudaría a conter a propagación de crises no sistema financeiro"