Portugal homenaxea Miguel Portas, "o homem que esteve sempre com os de baixo”

Portugal homenaxea Miguel Portas, "o homem que esteve sempre com os de baixo”
A denegación da atención sanitaria aos inmigrantes sen papeis equipara o modelo español, que era cualificado de "exemplar" ao de Eslovenia, Chipre ou Polonia. A maioría dos países da UE si prestan servizos de saúde ás persoas non regularizadas.
O Tribunal de Contas investiga as doazóns anónimas ao PP en Galicia. Dende xullo de 2007 as achegas aos partidos deben ser nominais e nese ano o PPdeG recibiu 231.400 euros anónimos. Cóntao El País
O Club Ourense Baloncesto gaña o terceiro partido da eliminatoria no playoff de ascenso á LEB Ouro (83-69 ao Lan Mobel). Enfrontarase nas semifinais ao Aurteneche de Vitoria.
A Consellaría de Educación convoca os reitores das universidades galegas este mércores para tratar a posible suba das taxas
O BNG volveu concentrarse este domingo contra o proxecto urbanístico da Finca do Espiño, en Santiago de Compostela
Na Terceira División o Alondras sitúase como novo líder, despois de gañar en Carballo e de que o Ourense empatara en Ferrol. A outra nova do día é o ascenso a Terceira do histórico Compostela.
Rápido de Bouzas 3 1 Vilalonga
Racing de Ferrol 1 1 Ourense
Estradense 4 1 Negreira
Betanzos 0 2 Pontevedra
Somozas 1 1 Cerceda
Bergantiños 2 3 Alondras
Racing Vilalbés 2 0 Cultural Areas
Deportivo B 1 2 Lalín
Xuventú Sanxenxo 1 2 Dorneda
Ordes 1 2 As Pontes (segunda metade)
Na Segunda B, vitoria do Coruxo (1-0 fronte ao Sporting B), derrota do Celta B (4-0 fronte ao Leganés) e empate do Montañeiros (1-1 ante o Alcalá). Con estes resultados, a falta de dúas xornadas o Coruxo dependerá de si mesmo para manterse, mentres que Celta B e Montañeiros, a catro e cinco puntos da salvación, téñeno moi difícil. O Lugo empatou onte e segue segundo
Na 1ª división do fútbol feminino, o Olivo confirmou o seu descenso a falta de 4 xornadas por xogar, despois de perder na casa por 1-6 fronte ao Athletic de Bilbao. Malas novas tamén na 2ª división. O Orzán perdeu por 0-3 o partido decisivo contra o Gijón e perde a categoría. O outro equipo coruñés, o Victoria, venceu 3-0 ao León e mantense. A vindeira tempada non haberá equipos galegos na máxima categoría, mentres que cando menos seis militarán na división de prata: Olivo, Friol, Erizana, At. Arousana, Compostela e Victoria.
A presión social consegue que a Xunta garanta as escolas infantís de Narón. A Xunta achegará, xunto co Concello, o 67 por cento do orzamento e as familias, o 33 restante.