Na Segunda B, vitoria do Coruxo (1-0 fronte ao Sporting B), derrota do Celta B (4-0 fronte ao Leganés) e empate do Montañeiros (1-1 ante o Alcalá). Con estes resultados, a falta de dúas xornadas o Coruxo dependerá de si mesmo para manterse, mentres que Celta B e Montañeiros, a catro e cinco puntos da salvación, téñeno moi difícil. O Lugo empatou onte e segue segundo
Fálase
Na 1ª división do fútbol feminino, o Olivo confirmou o seu descenso a falta de 4 xornadas por xogar, despois de perder na casa por 1-6 fronte ao Athletic de Bilbao. Malas novas tamén na 2ª división. O Orzán perdeu por 0-3 o partido decisivo contra o Gijón e perde a categoría. O outro equipo coruñés, o Victoria, venceu 3-0 ao León e mantense. A vindeira tempada non haberá equipos galegos na máxima categoría, mentres que cando menos seis militarán na división de prata: Olivo, Friol, Erizana, At. Arousana, Compostela e Victoria.
A presión social consegue que a Xunta garanta as escolas infantís de Narón. A Xunta achegará, xunto co Concello, o 67 por cento do orzamento e as familias, o 33 restante.
En Fútbol-Sala, xornada dispar para os equipos galegos. O Lobelle caeu na casa ante o líder, El Pozo, por 1-4. Mentres, o Azkar derrotou 1-3 ao Cartagena, que perde a categoría. Mentres, na División de Prata, o Burela derrotou o Barcelona B (3-0)
En balonmán, o Octavio caeu derrotado na casa fronte ao Ademar León (21-30) e segue sen asegurar a permanencia. Na División de Prata, derrotas de Teucro (32-19 ante o Puente Genil) e Cangas (31-29 fronte ao Torrelavega)
O Obradoiro perdeu 81-75 na súa visita ao Blancos de Rueda Valladolid, xa descendido, e complica a súas posibilidades de salvación.
Ramón Zallo, catedrático de Xornalismo da UPV, escribe en Sinpermiso sobre "a regobernamentalización intolerable de RTVE e o proceso de desmantelamento das televisións autonómicas".
Rajoy advirtelles ás persoas que protestan que "as reformas continuarán cada venres”. O Presidente pechou o Congreso do PP en Madrid, que reelexiu a Esperanza Aguirre de forma unánime.
A manifestación na Coruña achégase ao Obelisco, onde rematará
Comezan as manifestacións en defensa dos servizos públicos. Imaxe de Vigo (via @lobitovermello)