En balonmán, o Octavio caeu derrotado na casa fronte ao Ademar León (21-30) e segue sen asegurar a permanencia. Na División de Prata, derrotas de Teucro (32-19 ante o Puente Genil) e Cangas (31-29 fronte ao Torrelavega)
Fálase
O Obradoiro perdeu 81-75 na súa visita ao Blancos de Rueda Valladolid, xa descendido, e complica a súas posibilidades de salvación.
Ramón Zallo, catedrático de Xornalismo da UPV, escribe en Sinpermiso sobre "a regobernamentalización intolerable de RTVE e o proceso de desmantelamento das televisións autonómicas".
Rajoy advirtelles ás persoas que protestan que "as reformas continuarán cada venres”. O Presidente pechou o Congreso do PP en Madrid, que reelexiu a Esperanza Aguirre de forma unánime.
A manifestación na Coruña achégase ao Obelisco, onde rematará
Comezan as manifestacións en defensa dos servizos públicos. Imaxe de Vigo (via @lobitovermello)
Calculan que, para acadar os 8 mil millóns de euros adicionais referidos polo Goberno, o IVE subirá do 18 ao 22%. Propoñen que se repercuta a rebaixa nas cotizacións aos trabajadores e se "suban de facto os salarios en lugar de abaratar os custes empresariais"
As 12 comezarán as manifestacións convocadas por CC.OO. e UGT en todas as cidades en defensa do emprego e dos servizos públicos. Na Coruña a marcha partirá da Praza da Palloza, en Vigo do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz, en Ferrol da praza do Inferniño e en Compostela da Alameda. Haberá tamén mobilizacións en Lugo (Rolda da Muralla), Ourense (Pavillón dos Remedios), Pontevedra (Praza da Ferrería), Vilagarcía (Avenida da Mariña) e Burela (concentración ás 12.30 diante do Concello)
Achéganse as mobilización globais do 12 de maio, organizadas polos movementos de indignados e indignadas e que terán lugar en todas as cidades.
IU propón subir algúns impostos para recadar 20.000 millóns de euros máis. Entre outros, pide gravar cun 35% adicional as empresas que gañen máis dun millón de euros.