Achéganse as mobilización globais do 12 de maio, organizadas polos movementos de indignados e indignadas e que terán lugar en todas as cidades.
Fálase
IU propón subir algúns impostos para recadar 20.000 millóns de euros máis. Entre outros, pide gravar cun 35% adicional as empresas que gañen máis dun millón de euros.
O Celta golea o Barça B (4-1) e mantense firme na loita polo ascenso, aínda que segue lonxe do Valladolid que onte tamén gañou.
La Voz de Galicia publica unha enquisa de intención de voto na que o PP subiría 3 escanos con respecto a 2009, o PSOE baixaría un (aínda que recuperaría dous escanos dende a última sondaxe deste xornal) e o BNG 2. EU triplicaría os seus votos, pero ficaría aínda lonxe do 3% necesario para acadar representación. Catro de cada dez votantes do BNG apoiarían outro partido nacionalista.
Miguel Portas, un dos fundadores do Bloco de Esquerdas, e que faleceu hai uns días vítima dun cancro, foi despedido esta tarde en Lisboa
Derrota do Dépor en Almería (2-0) nunha mala xornada, polo de agora, para os equipos galegos na División de Prata. O Valladolid remontou un partido que comezou perdendo ante o Cartagena (2-1) e obriga o Celta a gañarlle ao Barça B en Balaídos (partido que vén de comezar) se non quere quedar descolgado. Na 2ªB o Lugo empatou en San Sebastián de los Reyes (0-0)
A TVG retransmitirá esta noite en directo a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo, que se celebra no Palexco da Coruña. Será a partir das dez e media da noite. Praza ofreceravos unha completa crónica dos premios ao rematar a gala.
Un documento, publicado polo xornal dixital Mediapart, proba que Gadafi financiou a campaña presidencial de Sarkozy en 2007.
Estase celebrando o Congreso do Partido Popular en Madrid, e nos discursos dos distintos dirixentes da formación sucédense os eloxios a Esperanza Aguirre. Ignacio González salienta que "proclamamos a nosa fe liberal"; Soraya Saenz de Santamaría lembra un dos lemas de Rajoy: "Alfombra vermella para os empresarios" e di que "hai que tomar medidas. O Executivo pode facelo coa súa maioría, o tempo que nos deron os españois". Outros, como Ángel Garrido, limítanse a destacar que Aguirre ten 90 mil seguidores en twitter e proclama: "No sé cómo te da tiempo, presidenta, a hacer tantas cosas".
"A maioría da prensa é cada día máis covarde, benévola e pusilánime". Henrique Mariño sondea para Público a opinión dunha ducia de profesionais sobre o xornalismo que se fai na actualidade en España.