"A maioría da prensa é cada día máis covarde, benévola e pusilánime". Henrique Mariño sondea para Público a opinión dunha ducia de profesionais sobre o xornalismo que se fai na actualidade en España.
Fálase
Causa Galiza celebra este sábado a súa III Homenaxe nacional aos Mártires de Carral. Comezará ás 17.30 xunto ao Hotel Congreso (Teo), facendo unha homenaxe aos Mártires de Carral no monolito que se encontra nas proximidades. A seguir, celebrarase unha homenaxe a Ánxel Casal ao pé do seu monumento, no que fará unha intervención o alcalde de Teo, Martiño Noriega
Els nens salvatges, o filme da realizadora de pais galegos Patricia Ferreira, faise co premio máis importante do Festival de Cine de Málaga, a biznaga de Oro. Ferreira fora nomeada aos Goya coa súa ópera prima, Sei quen es, e dirixiu outros filmes, coma Para que non me esquezas.
Comeza a Feira do Libro de Compostela. Dende hoxe e até o 6 de maio na Alameda
Merkel anuncia que prepara unha "axenda do crecemento" para a UE
A revista Consumer compara catro videoclubes online para ver filmes en España: Filmin, Youzee, Voddler e Wuaki.tv. Salienta que Filmin é a máis completa das catro.
O ERE que prepara El Mundo significará o despedimento de 200 xornalistas, un terzo da redacción. Os traballadores xa anunciaron a convocatoria de paro e dunha folga o 11 de maio.
A TVG di que foi “neutral” ao silenciar a reunión entre Feijóo e Dorribo e que obrou "con prudencia” para non danar a súa “alta credibilidade”
A campaña #novullpagar, que promove que os condutores cataláns deixen de pagar as peaxes nas autoestradas, segue crecendo e onte colapsou a de Manresa. A protesta nace pola extensión das concesións nas vías catalás para compensar a finalización das mesmas das de Madrid.
A USC aprobou na sesión do Consello de Goberno o seu posicionamento contrario á suba dos prezos das matrículas para o vindeiro ano.