A revista Consumer compara catro videoclubes online para ver filmes en España: Filmin, Youzee, Voddler e Wuaki.tv. Salienta que Filmin é a máis completa das catro.
Fálase
O ERE que prepara El Mundo significará o despedimento de 200 xornalistas, un terzo da redacción. Os traballadores xa anunciaron a convocatoria de paro e dunha folga o 11 de maio.
A TVG di que foi “neutral” ao silenciar a reunión entre Feijóo e Dorribo e que obrou "con prudencia” para non danar a súa “alta credibilidade”
A campaña #novullpagar, que promove que os condutores cataláns deixen de pagar as peaxes nas autoestradas, segue crecendo e onte colapsou a de Manresa. A protesta nace pola extensión das concesións nas vías catalás para compensar a finalización das mesmas das de Madrid.
A USC aprobou na sesión do Consello de Goberno o seu posicionamento contrario á suba dos prezos das matrículas para o vindeiro ano.
O Comité Interempresas da CRTVG concentrouse diante do Parlamento galego e protestou "contra a manipulación e a represión" no ente tras lamentar que o Director Xeral "non anuncie a fin da política represiva". Na comisión de control da CRTVG, un enfrontamento entre o nacionalista Lobeira e Seoane provocou a suspensión da sesión.
Vela. As galegas Tamara Echegoyen e Sofía Toro, xunto coa asturiana Ángela Pumariega estarán nos Xogos Olímpicos de Londres como representantes españolas na clase de Match Race Feminino.
Ciclismo. O galego Álex Marque, do equipo portugués Carmim-Prio, gaña a primeira etapa da Volta a Asturias e colócase líder da carreira logo dunha espectacular escapada de 130 quilómetros.
O Goberno subirá o IVE en 2013 para cumprir o déficit. De Guindos prevé recadar 8.000 millóns coa suba dos impostos indirectos. Hai tres meses, Rajoy aseguraba que non subiría o IVE "porque afecta a todos por igual e supón un aumento de prezos".
O ministro De Guindos precisa que a suba de impostos ao consumo pode incluír tamén o IVE e os impostos indirectos.