Vela. As galegas Tamara Echegoyen e Sofía Toro, xunto coa asturiana Ángela Pumariega estarán nos Xogos Olímpicos de Londres como representantes españolas na clase de Match Race Feminino.
Fálase
Ciclismo. O galego Álex Marque, do equipo portugués Carmim-Prio, gaña a primeira etapa da Volta a Asturias e colócase líder da carreira logo dunha espectacular escapada de 130 quilómetros.
O Goberno subirá o IVE en 2013 para cumprir o déficit. De Guindos prevé recadar 8.000 millóns coa suba dos impostos indirectos. Hai tres meses, Rajoy aseguraba que non subiría o IVE "porque afecta a todos por igual e supón un aumento de prezos".
O ministro De Guindos precisa que a suba de impostos ao consumo pode incluír tamén o IVE e os impostos indirectos.
S&P estima que España non será capaz de crear emprego neto até a segunda metade da década.
A Xunta acusa a UE de "tratar de afundir o sector naval español". O conselleiro de Economía, Javier guerra, criticou a actitude dos responsables de Competencia da Unión por non ter "vontade ningunha" de resolver o problema dos asteleiros co tax lease.
Antón Reixa será o encargado de liderar a renovación da SGAE. O escritor e músico galego, que lidera a lista Aunir, levará a cabo o cambio na sociedade logo de conseguir 14 dos 31 postos que os autores teñen na xunta directiva.
O Tribunal Superior de Asturias ordena repetir o voto emigrante na circunscrición de Occidente. Estima así o recurso de Cascos, pero mantén o reparto de escaños até que se produza unha nova votación na zona. O escaño que gañou o PSOE queda agora no aire, ao declararse nulos máis de 300 votos, polo que de alterarse o resultado a dereita tería maioría absoluta no Principado.
A Deputación de Ourense comeza a retransmitir os seus Plenos en directo por Internet. Comezará hoxe, a partir da 11 da mañá.
A complexa guerra dos formatos de vídeo en html5. Imponse o formato propietario h264, coa colaboración de Google, o que prexudica a Firefox e Opera.