A complexa guerra dos formatos de vídeo en html5. Imponse o formato propietario h264, coa colaboración de Google, o que prexudica a Firefox e Opera.
Fálase
Própolis comenta o curioso feito de que a meirande parte dos xornais españois salientaron que ex primeiro ministro islandés foi declarado inocente, mentres que en Islandia os medios titulaban "condenado por violar a Constitución".
Os estereotipos masculinos provocan que as mulleres sigan sendo minoría nas enxeñarías, segundo un estudo da Cátedra de Estudos Feministas da Universidade de Vigo
No medio do drama do paro e dos recortes aplicados polo Goberno, Standard & Poor's (S&P) rebaixa en dous chanzos o rating de España, desde A/A-1 a BBB+/A-2 por entender que existen "riscos significativos con respecto ao crecemento económico e á execución orzamentaria".
#EPA O emprego reduciuse en 718.500 persoas nun ano no conxunto de España.
#EPA. O paro en Galicia xa supera o 20% da poboación activa, con 265.600 desempregados, o que supón un incremento de 25.000 persoas nos tres últimos meses e de 39.000 máis con respecto ao mesmo periodo do ano pasado.
#EPA. En España xa hai 1.728.400 fogares con todos os seus membros en paro, un 9,74% máis que o trimestre pasado logo de aumentar en 153.400 nos últimos meses.
Sarkozy endurece o seu discurso buscando os votos da extrema dereita, di que "é un honor que un comunista te chame fascista" (despois de que L'Humanité o comparase con Pétain) ao tempo que Hollande centra o seu discurso nas propostas económicas e nas críticas ás políticas de austeridade impostas dende Alemaña
Xa hai máis de 5,6 millóns de parados e paradas en España, un 24,44% da poboación, o que roza o record histórico de 1994. A Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre indica que neste tempo o número de persoas sen emprego aumentou en máis de 300 mil (máis de 700 mil no último ano)
40 mil noruegueses e norueguesas, convocadas por Facebook, reúnense ás portas do Pazo de Xustiza para cantar a canción odiada por Breivik. Trátase de Barn av regnbuen (Rapaces do arco da vella), Lillebjørn Nilsen, que adaptou a canción orixinal de Pete Seeger Rainbow Race. Onte, no xuízo, Anders Breivik sinalou que Nilsen "era un bo exemplo de marxista" e que con esta canción "lavaba o cerebro" dos nenos e nenas norueguesas.