#EPA. O paro en Galicia xa supera o 20% da poboación activa, con 265.600 desempregados, o que supón un incremento de 25.000 persoas nos tres últimos meses e de 39.000 máis con respecto ao mesmo periodo do ano pasado.
Fálase
#EPA. En España xa hai 1.728.400 fogares con todos os seus membros en paro, un 9,74% máis que o trimestre pasado logo de aumentar en 153.400 nos últimos meses.
Sarkozy endurece o seu discurso buscando os votos da extrema dereita, di que "é un honor que un comunista te chame fascista" (despois de que L'Humanité o comparase con Pétain) ao tempo que Hollande centra o seu discurso nas propostas económicas e nas críticas ás políticas de austeridade impostas dende Alemaña
Xa hai máis de 5,6 millóns de parados e paradas en España, un 24,44% da poboación, o que roza o record histórico de 1994. A Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre indica que neste tempo o número de persoas sen emprego aumentou en máis de 300 mil (máis de 700 mil no último ano)
40 mil noruegueses e norueguesas, convocadas por Facebook, reúnense ás portas do Pazo de Xustiza para cantar a canción odiada por Breivik. Trátase de Barn av regnbuen (Rapaces do arco da vella), Lillebjørn Nilsen, que adaptou a canción orixinal de Pete Seeger Rainbow Race. Onte, no xuízo, Anders Breivik sinalou que Nilsen "era un bo exemplo de marxista" e que con esta canción "lavaba o cerebro" dos nenos e nenas norueguesas.
Rajoy, máis merkelista que Merkel, defende que “a austeridade non é de Merkel, é de toda a UE”, ao tempo que a Canciller alemán pasa a defender un "crecemento con reformas", ante as críticas ás políticas aplicadas pola UE que chegan dende Francia e do presidente do BCE, Mario Draghi.
A prima de risco de España sobe despois de que onte a última hora Standard & Poor’s rebaixase dous chanzos a cualificación da débeda española, situándoa en BBB+, a só tres pasos do bono basura. Nestes momento a prima supera os 433 puntos, subindo 18 dende onte.
Código Cero celebra o seu décimo aniversario. Faino cun acto na Biblioteca de Galicia no que, introducida polo tecnólogo Xavier Alcalá, a secretaria xeral Mar Pereira presentará a Axencia de Modernización de Galicia e, posteriormente, Xosé María Fernández Pazos, creador de Código Cero, e Afonso Cabaleiro, falarán sobre a revista especializada en tecnoloxía. Parabéns!
O Comité de Empresa de Edicións El País anuncia as primeiras medidas contra o ERE no xornal, entre elas redactar un escrito de reprobación, retirar a sinatura das informacións, difundir a súa situación con insercións publicitarias noutros medios de comunicación ou recoller sinaturas "a favor de manter os contidos e o espírito fundacional" do xornal
De Guindos, Sáenz de Santamaría e García-Margallo explicaranlle a "axenda reformista" do Goberno español ao ministro de Finanzas alemán nunhas xornadas en Compostela o vindeiro luns.