O ministro De Guindos precisa que a suba de impostos ao consumo pode incluír tamén o IVE e os impostos indirectos.
Fálase
S&P estima que España non será capaz de crear emprego neto até a segunda metade da década.
A Xunta acusa a UE de "tratar de afundir o sector naval español". O conselleiro de Economía, Javier guerra, criticou a actitude dos responsables de Competencia da Unión por non ter "vontade ningunha" de resolver o problema dos asteleiros co tax lease.
Antón Reixa será o encargado de liderar a renovación da SGAE. O escritor e músico galego, que lidera a lista Aunir, levará a cabo o cambio na sociedade logo de conseguir 14 dos 31 postos que os autores teñen na xunta directiva.
O Tribunal Superior de Asturias ordena repetir o voto emigrante na circunscrición de Occidente. Estima así o recurso de Cascos, pero mantén o reparto de escaños até que se produza unha nova votación na zona. O escaño que gañou o PSOE queda agora no aire, ao declararse nulos máis de 300 votos, polo que de alterarse o resultado a dereita tería maioría absoluta no Principado.
A Deputación de Ourense comeza a retransmitir os seus Plenos en directo por Internet. Comezará hoxe, a partir da 11 da mañá.
A complexa guerra dos formatos de vídeo en html5. Imponse o formato propietario h264, coa colaboración de Google, o que prexudica a Firefox e Opera.
Própolis comenta o curioso feito de que a meirande parte dos xornais españois salientaron que ex primeiro ministro islandés foi declarado inocente, mentres que en Islandia os medios titulaban "condenado por violar a Constitución".
Os estereotipos masculinos provocan que as mulleres sigan sendo minoría nas enxeñarías, segundo un estudo da Cátedra de Estudos Feministas da Universidade de Vigo
No medio do drama do paro e dos recortes aplicados polo Goberno, Standard & Poor's (S&P) rebaixa en dous chanzos o rating de España, desde A/A-1 a BBB+/A-2 por entender que existen "riscos significativos con respecto ao crecemento económico e á execución orzamentaria".