A TVG retransmitirá esta noite en directo a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo, que se celebra no Palexco da Coruña. Será a partir das dez e media da noite. Praza ofreceravos unha completa crónica dos premios ao rematar a gala.
Fálase
Un documento, publicado polo xornal dixital Mediapart, proba que Gadafi financiou a campaña presidencial de Sarkozy en 2007.
Estase celebrando o Congreso do Partido Popular en Madrid, e nos discursos dos distintos dirixentes da formación sucédense os eloxios a Esperanza Aguirre. Ignacio González salienta que "proclamamos a nosa fe liberal"; Soraya Saenz de Santamaría lembra un dos lemas de Rajoy: "Alfombra vermella para os empresarios" e di que "hai que tomar medidas. O Executivo pode facelo coa súa maioría, o tempo que nos deron os españois". Outros, como Ángel Garrido, limítanse a destacar que Aguirre ten 90 mil seguidores en twitter e proclama: "No sé cómo te da tiempo, presidenta, a hacer tantas cosas".
"A maioría da prensa é cada día máis covarde, benévola e pusilánime". Henrique Mariño sondea para Público a opinión dunha ducia de profesionais sobre o xornalismo que se fai na actualidade en España.
Causa Galiza celebra este sábado a súa III Homenaxe nacional aos Mártires de Carral. Comezará ás 17.30 xunto ao Hotel Congreso (Teo), facendo unha homenaxe aos Mártires de Carral no monolito que se encontra nas proximidades. A seguir, celebrarase unha homenaxe a Ánxel Casal ao pé do seu monumento, no que fará unha intervención o alcalde de Teo, Martiño Noriega
Els nens salvatges, o filme da realizadora de pais galegos Patricia Ferreira, faise co premio máis importante do Festival de Cine de Málaga, a biznaga de Oro. Ferreira fora nomeada aos Goya coa súa ópera prima, Sei quen es, e dirixiu outros filmes, coma Para que non me esquezas.
Comeza a Feira do Libro de Compostela. Dende hoxe e até o 6 de maio na Alameda
Merkel anuncia que prepara unha "axenda do crecemento" para a UE
A revista Consumer compara catro videoclubes online para ver filmes en España: Filmin, Youzee, Voddler e Wuaki.tv. Salienta que Filmin é a máis completa das catro.
O ERE que prepara El Mundo significará o despedimento de 200 xornalistas, un terzo da redacción. Os traballadores xa anunciaron a convocatoria de paro e dunha folga o 11 de maio.