A esta hora unha protesta contra os recortes percorre o centro de Madrid entre unha fortísima presenza policial (foto: @hectorjuanatey)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5003123694b81-ax3cl4jceaie_6b.jpg)
A esta hora unha protesta contra os recortes percorre o centro de Madrid entre unha fortísima presenza policial (foto: @hectorjuanatey)
Desde hoxe a Comunidade de Madrid aplica a liberalización total dos horarios comerciais. O Goberno central vai estender a todo o Estado esta medida, rexeitada polo pequeno comercio. Cóntao a Cadena SER.
A candidata de EH-Bildu á lehendakaritza, Laura Mintegi, explica nunha entrevista en El País as liñas básicas do seu proxecto. Entre outros aspectos, coida que "a independencia é a única forma de sobrevivir ante a crise" e subliña que "non está ben agredir a ninguén por nada".
Guillerme Vázquez "convida" a "todas as galegas e os galegos" a participar nos actos que o BNG celebrará co gallo do día da Patria. Durante un xantar en Cuntis o portavoz nacional do Bloque animou a empregar o 25 de xullo para "rexeitar con clareza a política inmoral, inxusta e inútil" do PP e para apostar por un "cambio radical" fronte á política de recortes.
Alfonso Rueda, que nestes días asume as funcións da Presidencia da Xunta pola viaxe de Alberto Núñez Feijóo, admite nunha entrevista na Cadena SER que o Goberno galego terá que aplicar novos recortes tras a imposición do novo teito de déficit por parte do Estado. A Xunta votou favorablemente a ese límite tras anunciar que se abstería. Tratouse dun "si crítico", di Rueda.
A Asociación Catalana de Comunicación Científica divulga o descubrimento dos efectos de engadir partículas de ouro ao cisplatino, un dos fármacos máis empregados nos tratamentos contra o cancro. O equipo científico do proxecto conseguiu que o fármaco se centre en destruír os tumores e afecte menos aos tecidos sans dos doentes.
A Xunta achega unha imaxe de Feijóo na celebración do "mes de Galicia" coa colectividade galega en Bos Aires. Na comitiva oficial non viaxan medios de comunicación galegos.
A Asociación Unificada de Militares Españoles (AUME) toma posición contra os recortes e anuncia nun comunicado que "se vai sumar a toda iniciativa cidadá que formule a defensa duns dereitos que nunca debemos perder, porque dereitos conquistados son algo inherente á condición de cidadanía".
A Xunta informa de que vén de sancionar ao tanatorio de Valga "por denegarlles aos seus competidores o acceso ás salas municipais"
Feijóo súmase á aposta de Esperanza Aguirre para reducir deputados tamén no Parlamento de Galicia nunha entrevista no Faro de Vigo