Praza Pública explica hoxe o seu proxecto no #InLugo15. O director David Lombao intervén no Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais. Pode seguirse aquí.
Fálase
A Fiscalía pide procesar a deputada do PP Marisol Piñeiro por prevaricación en relación a un suposto enchufe durante a súa etapa como tenente de alcalde en Carnota.
Feijóo pide evitar que goberne "Podemos ou como 'coño' se chame en cada sitio" nun ateigado mitin na Coruña. O presidente da Xunta carga contra o nacionalismo e as mareas xunto ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira. Máis información, hoxe en Praza.
Un acto na Coruña lembra os milleiros de mortos no Mediterráneo e clama contra as políticas inútiles da UE e dos Estados para arranxar o "xenocidio migratorio". Foto de @mareatlantica.
Xosé Manuel Beiras conversa con Martiño Noriega nun acto de Compostela Aberta. O líder de Anova pide á cidadanía acabar coa "peste" do PP. Máis información, hoxe en Praza.
A xuíza da operación Cóndor imputa o alcalde popular de Nogueira de Ramuín. Crese que filtrou probas para amañar o concurso dos catamaráns da Ribeira Sacra con Monbus.
Os litigantes galegos gastaron en dous anos máis de 27 millóns en taxas xudiciais. Os tribunais galegos ingresaron un 165% máis e Galicia foi a sexta comunidade que máis recadou.
Ourense e Breogán abren con senllos triunfos as semifinais de ascenso á ACB. Os galegos gañaron a Lleida e Valladolid respectivamente e poñen o 1-0 na serie.
Fomento quere traspasar estradas nacionais á Xunta e aos municipios. Prevé ceder viais estatais que coas novas autovías xa non cumpren a súa función.
Compostela Aberta denuncia que o PP cobre os seus carteis electorais en Santiago.