A xuíza da operación Cóndor imputa o alcalde popular de Nogueira de Ramuín. Crese que filtrou probas para amañar o concurso dos catamaráns da Ribeira Sacra con Monbus.
Fálase
Os litigantes galegos gastaron en dous anos máis de 27 millóns en taxas xudiciais. Os tribunais galegos ingresaron un 165% máis e Galicia foi a sexta comunidade que máis recadou.
Ourense e Breogán abren con senllos triunfos as semifinais de ascenso á ACB. Os galegos gañaron a Lleida e Valladolid respectivamente e poñen o 1-0 na serie.
Fomento quere traspasar estradas nacionais á Xunta e aos municipios. Prevé ceder viais estatais que coas novas autovías xa non cumpren a súa función.
Compostela Aberta denuncia que o PP cobre os seus carteis electorais en Santiago.
Besteiro aposta por "garantir o futuro do medio rural desde os concellos" e "non só con verbas, tarde e mal como fai Feijóo". O líder do PSdeG acompañou en Vilalba a candidata socialista Elba Valeiro.
Podemos Galicia expresa o seu apoio á Marea Atlántica, Compostela Aberta, Marea Pontevedra, Lugo Novo e as candidaturas municipalistas de Valdoviño; Neda, O Barco de Valdeorras e Gondomar. Sinalouno en rolda de prensa o secretario xeral do partido, Breogán Riobóo. Recólleo Europa Press
Ás catro da tarde comeza o #InLugo15, o congreso de cultura dixital e redes sociais de Lugo, no que participa Praza Pública. Pódese seguir ao vivo por streaming nesta ligazón.
A Xunta Electoral atende unha denuncia de Compostela Aberta e obriga o Concello de Santiago a retirar unha nova da súa web polas súas "connotacións electoralistas". Máis información, hoxe en Praza.
David Cameron logra a maioría absoluta nas eleccións británicas. Os líderes laborista e liberal, Ed Miliband e Nick Clegg, presentan a súa dimisión. O SNP, pola súa banda, afirma que empregará o seu éxito electoral para tentar frear as políticas de austeridade.