A Xunta Electoral atende unha denuncia de Compostela Aberta e obriga o Concello de Santiago a retirar unha nova da súa web polas súas "connotacións electoralistas". Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
David Cameron logra a maioría absoluta nas eleccións británicas. Os líderes laborista e liberal, Ed Miliband e Nick Clegg, presentan a súa dimisión. O SNP, pola súa banda, afirma que empregará o seu éxito electoral para tentar frear as políticas de austeridade.
O BNG suspende os seus actos electorais deste venres polo asasinato machista en Ourense. Máis información, hoxe en Praza.
O PP de Santiago estaciona un dos seus vehículos electorais nunha parada de autobús no día en que o candidato, Hernández, presenta as súas propostas para o transporte público. Recólleo SER Galicia
A Marea Atlántica lanza a súa sintonía de campaña, 'Radio Maré', do Colectivo Buguina
O BNG presenta o seu vídeo electoral do 24-M, protagonizado por Vence e varias candidatas e candidatos municipais
O Supremo ordena que se impartan o 25% das materias en castelán en Cataluña tras rexeitar o recurso da Generalitat e tamén o dos pais que pedían que fose dun 50%.
A Xunta Electoral investiga a apertura da piscina municipal de Cangas do Morrazo fóra dos prazos establecidos na lei. Cóntao Faro de Vigo
Un home mata a súa muller ingresada no hospital de Ourense. O presunto agresor entrou cun coitelo no centro onde a vítima levaba ingresada un mes por unha agresión sufrida na casa.
ETA ofrece compartir o seu desarme co Goberno vasco e di que tomaría parte "no deseño para deixar as armas e facer achegas en todas as demais partes que correspondan".