A Marea Atlántica lanza a súa sintonía de campaña, 'Radio Maré', do Colectivo Buguina
Fálase
O BNG presenta o seu vídeo electoral do 24-M, protagonizado por Vence e varias candidatas e candidatos municipais
O Supremo ordena que se impartan o 25% das materias en castelán en Cataluña tras rexeitar o recurso da Generalitat e tamén o dos pais que pedían que fose dun 50%.
A Xunta Electoral investiga a apertura da piscina municipal de Cangas do Morrazo fóra dos prazos establecidos na lei. Cóntao Faro de Vigo
Un home mata a súa muller ingresada no hospital de Ourense. O presunto agresor entrou cun coitelo no centro onde a vítima levaba ingresada un mes por unha agresión sufrida na casa.
ETA ofrece compartir o seu desarme co Goberno vasco e di que tomaría parte "no deseño para deixar as armas e facer achegas en todas as demais partes que correspondan".
Cameron, a un paso da maioría no Reino Unido tras o fracaso laborista en Escocia, onde o SNP obtén uns resultados históricos.
O PP financiou irregularmente a campaña das eleccións galegas de 1989, as primeiras que gañou Fraga. É unha exclusiva de Eldiario.es
O PP pide o voto en Carballo horas antes de que comece o prazo legal para facelo. Cóntao Radio Voz Bergantiños
Militantes de NÓS-Unidade Popular borraron no barrio do Inferniño (Ferrol) unha pintada xenófoba que fora denunciada nos últimos días ante o Goberno da cidade por varios colectivos, esixindo -sen éxito- a súa retirada