Cameron, a un paso da maioría no Reino Unido tras o fracaso laborista en Escocia, onde o SNP obtén uns resultados históricos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/554c5195710c3-_82851636_82848004.jpg)
Cameron, a un paso da maioría no Reino Unido tras o fracaso laborista en Escocia, onde o SNP obtén uns resultados históricos.
O PP financiou irregularmente a campaña das eleccións galegas de 1989, as primeiras que gañou Fraga. É unha exclusiva de Eldiario.es
O PP pide o voto en Carballo horas antes de que comece o prazo legal para facelo. Cóntao Radio Voz Bergantiños
Militantes de NÓS-Unidade Popular borraron no barrio do Inferniño (Ferrol) unha pintada xenófoba que fora denunciada nos últimos días ante o Goberno da cidade por varios colectivos, esixindo -sen éxito- a súa retirada
O CIS prognostica que o PP perderá a maioría absoluta en Santiago. Máis información, este mediodía en Praza
A xornalista Lara Graña, finalista nos premios La Buena Prensa á mellor crónica polo seu traballo sobre o afundimento de Pescanova en Faro de Vigo
Jordi Évole gaña o XI Premio Jose Couso á liberdade de prensa que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.
Os candidatos ás municipais en Lugo acceden ao debate aberto organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas. Participan PP, PSdeG, BNG, Lugonovo, ACE e Ciudadanos, celebrarase o día 12 no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e estará moderado pola xornalista Tania Lombao.
Xa están en marcha as eleccións británicas, as máis disputadas das últimas décadas e nas que se prevé un forte ascenso do Scottish National Party, que podería ter na súa man a chave do goberno. The Guardian está a facer un seguimento ao vivo da xornada.
Deputados de PP e PSOE insultan e interrompen o discurso de Teresa Rodríguez (Podemos) no Parlamento andaluz. "Cállate, bonita" ou "no tienes ni puta idea" puideron oírse desde os asentos socialistas e populares.