Os candidatos ás municipais en Lugo acceden ao debate aberto organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas. Participan PP, PSdeG, BNG, Lugonovo, ACE e Ciudadanos, celebrarase o día 12 no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e estará moderado pola xornalista Tania Lombao.
Fálase
Xa están en marcha as eleccións británicas, as máis disputadas das últimas décadas e nas que se prevé un forte ascenso do Scottish National Party, que podería ter na súa man a chave do goberno. The Guardian está a facer un seguimento ao vivo da xornada.
Deputados de PP e PSOE insultan e interrompen o discurso de Teresa Rodríguez (Podemos) no Parlamento andaluz. "Cállate, bonita" ou "no tienes ni puta idea" puideron oírse desde os asentos socialistas e populares.
O ministro Wert reaviva a guerra contra a inmersión en Cataluña e reclama ao Tribunal Superior que os formularios de preinscrición inclúan a opción do bilingüismo. A Generalitat xa prepara alegacións.
Os galegos xeran un 14% menos de lixo pola crise pero pagan até dez veces máis. Construtoras, térmicas, empresas mineiras e metalúrxicas reduciron o volume de residuos un 2,3%.
O ERE de Adolfo Domínguez ameaza a súa fábrica de Ourense. As fillas do modisto trasladan desde hai meses liñas de produción a Madrid.
Xa está en marcha a campaña da USC para fomentar o galego na docencia baixo o lema Ensinas máis do que cres
O BNG propón declarar Santiago "cidade libre de desafiuzamentos". A proposta lanzouna Rubén Cela na súa intervención no Forum Europa.
Este mércores presentouse a sexta edición do festival (S8) Mostra de Cinema Periférico, que se celebrará na Coruña do 3 ao 7 de xuño. Destaca a participación de Ken Jacobs, un dos máximos expoñentes da vanguardia estadounidense, unha retrospectiva da vangarda brasileira (Glauber Rocha, Nelson Pereira dos Santos...) ou a proxección inaugural de El Gabinete del Dr. Caligari con sonorización en directo
El Español analiza o hashtag #desmontandoaciudadanos, que foi trending topic, con máis de 80.000 tuits en 24 horas. Unha campaña que nin foi un fenómeno espontáneo nin se orixinou en Venezuela (como denunciou Albert Rivera), senón que foi iniciada por decenas de contas afíns a Podemos.