O BNG propón declarar Santiago "cidade libre de desafiuzamentos". A proposta lanzouna Rubén Cela na súa intervención no Forum Europa.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/554a28490f293-ceuk3ljwgaahj6z.jpg)
O BNG propón declarar Santiago "cidade libre de desafiuzamentos". A proposta lanzouna Rubén Cela na súa intervención no Forum Europa.
Este mércores presentouse a sexta edición do festival (S8) Mostra de Cinema Periférico, que se celebrará na Coruña do 3 ao 7 de xuño. Destaca a participación de Ken Jacobs, un dos máximos expoñentes da vanguardia estadounidense, unha retrospectiva da vangarda brasileira (Glauber Rocha, Nelson Pereira dos Santos...) ou a proxección inaugural de El Gabinete del Dr. Caligari con sonorización en directo
El Español analiza o hashtag #desmontandoaciudadanos, que foi trending topic, con máis de 80.000 tuits en 24 horas. Unha campaña que nin foi un fenómeno espontáneo nin se orixinou en Venezuela (como denunciou Albert Rivera), senón que foi iniciada por decenas de contas afíns a Podemos.
O alcalde do Porto, Rui Moreira, coida que o Sá Carneiro é xa "o mellor aeroporto da Galiza". Sinalouno nun encontro co alcalde coruñés que recolle Radio Coruña
O xuízo aos ex directivos das caixas galegas atrásase ao 27 de maio e xa non cadrará coa campaña electoral. Cóntao Europa Press
A Comisión de Pesca da Eurocámara atrasa a votación do informe sobre redes de deriva, crucial para evitar o veto á arte do xeito, e que estaba previsto para esta mañá
Bárcenas agocha papeis de tres décadas de caixa B do PP e dos pagamentos do 'tamayazo'. O ex tesoureiro popular medita desvelar novos datos para evitar unha nova entrada en prisión.
eldiario.es resume en 29 claves o programa de Podemos para as eleccións autonómicas. A formación presentou onte as liñas mestras, que terán que ser debulladas para cada territorio.
Facenda anula o concurso de 20 millóns para equipar o laboratorio do hospital de Vigo a dous meses de abrir. Conclúe que o Sergas exixía ás firmas prestacións que esceden o subministro para analíticas.
O candidato do PSdeG en Ourense incumpre a súa palabra e non dimite. Besteiro apoia que siga sendo cabeza de cartel dos socialistas na cidade das Burgas.