O candidato do PSdeG en Ourense incumpre a súa palabra e non dimite. Besteiro apoia que siga sendo cabeza de cartel dos socialistas na cidade das Burgas.
Fálase
Naseiro declarou ante Notario que Aznar mandaba na caixa B do PP. Entregou un texto nunha notaría de Alacane ao saír da cadea para que se soubese se era convertido en único culpable do caso Naseiro.
A Marea Atlántica participa mañá nun acto xunto a BCN en Comú ou Madrid Ahora na capital do Estado. O seu candidato, Xulio Ferreiro, participará nun debate xunto a candidatos doutros procesos de confluencia como Ada Colau ou Manuela Carmena.
O BNG de Pontevedra converte o seu candidato en 'Lórix', un Astérix pontevedrés que resiste ante o "imperio PPromano". A banda deseñada, obra de Kiko da Silva, pódese descargar nesta ligazón.
O Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos condena o Estado español por non investigar unha denuncia de maltrato policial durante unha detención incomunicada en 2011.
Eldiario.es publica un gráfico con todas as entradas e saídas da caixa B do PP na etapa de Rosendo Naseiro como tesoureiro do partido.
Candidatos á alcaldía de Compostela debaten no encontro organizado polo persoal do Concello sen a presenza do alcalde e candidato do PP, Agustín Hernández, que rexeitou acudir. A información, esta tarde en Praza.
O paro rexistrado baixa en Galicia en 7.376 persoas e no Estado en case 119.000. O número de afiliados á Seguridade Social sobe en 175.000. Máis información, esta mañá en Praza.
O PP conta con caixa B e diñeiro negro desde que o fundara Manuel Fraga. eldiario.es accede á contabilidade secreta de Rosendo Naseiro, que rebela contas ocultas entre 1990 e 2008.
O Celta empata en Almería (2-2) un partido que tiña controlado no primeiro tempo. A polémica actuación do árbitro prexudico o equipo vigués, que se adiantara con goles de Nolito e Santi Mina.