O Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos condena o Estado español por non investigar unha denuncia de maltrato policial durante unha detención incomunicada en 2011.
Fálase
Eldiario.es publica un gráfico con todas as entradas e saídas da caixa B do PP na etapa de Rosendo Naseiro como tesoureiro do partido.
Candidatos á alcaldía de Compostela debaten no encontro organizado polo persoal do Concello sen a presenza do alcalde e candidato do PP, Agustín Hernández, que rexeitou acudir. A información, esta tarde en Praza.
O paro rexistrado baixa en Galicia en 7.376 persoas e no Estado en case 119.000. O número de afiliados á Seguridade Social sobe en 175.000. Máis información, esta mañá en Praza.
O PP conta con caixa B e diñeiro negro desde que o fundara Manuel Fraga. eldiario.es accede á contabilidade secreta de Rosendo Naseiro, que rebela contas ocultas entre 1990 e 2008.
O Celta empata en Almería (2-2) un partido que tiña controlado no primeiro tempo. A polémica actuación do árbitro prexudico o equipo vigués, que se adiantara con goles de Nolito e Santi Mina.
Falece Jesús Hermida, figura histórica do xornalismo en TVE, aos 77 anos.
A Xunta elimina o plus pero crea un complemento para altos cargos, que serán compensados cando regresen ao servizo activo. Cóntao La Voz.
O Concello de Lugo aproba a retirada de honras a Franco coa oposición do PP. Recólleo El País Galicia
O Banco de España cifra en 61.495 millóns de euros o custo do rescate bancario, dos que 9.052 corresponden ás antigas Caixa Galicia e Caixanova. O regulador explícao nunha nota informativa que se pode descargar nesta ligazón