Bárcenas agocha papeis de tres décadas de caixa B do PP e dos pagamentos do 'tamayazo'. O ex tesoureiro popular medita desvelar novos datos para evitar unha nova entrada en prisión.
Fálase
eldiario.es resume en 29 claves o programa de Podemos para as eleccións autonómicas. A formación presentou onte as liñas mestras, que terán que ser debulladas para cada territorio.
Facenda anula o concurso de 20 millóns para equipar o laboratorio do hospital de Vigo a dous meses de abrir. Conclúe que o Sergas exixía ás firmas prestacións que esceden o subministro para analíticas.
O candidato do PSdeG en Ourense incumpre a súa palabra e non dimite. Besteiro apoia que siga sendo cabeza de cartel dos socialistas na cidade das Burgas.
Naseiro declarou ante Notario que Aznar mandaba na caixa B do PP. Entregou un texto nunha notaría de Alacane ao saír da cadea para que se soubese se era convertido en único culpable do caso Naseiro.
A Marea Atlántica participa mañá nun acto xunto a BCN en Comú ou Madrid Ahora na capital do Estado. O seu candidato, Xulio Ferreiro, participará nun debate xunto a candidatos doutros procesos de confluencia como Ada Colau ou Manuela Carmena.
O BNG de Pontevedra converte o seu candidato en 'Lórix', un Astérix pontevedrés que resiste ante o "imperio PPromano". A banda deseñada, obra de Kiko da Silva, pódese descargar nesta ligazón.
O Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos condena o Estado español por non investigar unha denuncia de maltrato policial durante unha detención incomunicada en 2011.
Eldiario.es publica un gráfico con todas as entradas e saídas da caixa B do PP na etapa de Rosendo Naseiro como tesoureiro do partido.
Candidatos á alcaldía de Compostela debaten no encontro organizado polo persoal do Concello sen a presenza do alcalde e candidato do PP, Agustín Hernández, que rexeitou acudir. A información, esta tarde en Praza.