A táboa periódica engade catro novos elementos químicos superpesados, descubertos por un equipo ruso-americano e por un equipo xaponés. Trátase da primeira modificación da táboa dende 2011.
Fálase
A caída das bolsas chinesas (que pecharon cando acumulaban perdas do 7%) leva ao IBEX-35 a un recorte de case tres puntos.
A CUP propón investir a Junqueras, Romeva ou a converxente Munté. As direccións de CDC e ERC reuniranse este luns por separado para analizar a situación.
Galicia lidera a caída da poboación rural no Estado cun descenso do 7% desde 2008. Os pequenos concellos perden 25 habitantes por día e o 70% dos cidadáns galegos concéntranse en 86 municipios.
Ciudadanos considera que o AVE "non é prioritario" para Galicia. A voceira do partido no país, Olga Louzao, di que a formación tiña e ten propostas "moi claras" para a comunidade.
O superpetroleiro que quedou á deriva fronte a Carnota achegouse á costa a por unha áncora. O Front Serenade desviou o seu rumbo e causou a alarma na tarde do sábado.
Arabia Saudí rompe relacións diplomáticas con Irán, tralo ataque á súa embaixada en Teherán. Iñigo Sáenz de Ugarte analiza en El Diario o "perigo" que supón Arabia na rexión.
Unhas novas eleccións farían medrar a abstención e prexudicarían a Ciudadanos, segundo expertos.
Dende o ano 2010 as comunidades autónomas recortaron 18.000 millóns de euros nas partidas de Sanidade e Educación (o 17%), uns cartos que empregaron en pagar a súa débeda.
Rematou a xornada na Terceira galega
Deportivo B 3 0 As Pontes
Barbadás 1 3 Negreira
Barco 1 1 Ordes
Racing Vilalbés 3 1 Arousa
Cerceda 1 1 Boiro
Alondras 0 1 Rápido de Bouzas
Choco 2 2 Silva
Ribadumia 1 1 Galicia Mugardos
Bergantiños 0 1 Verín
Noia 2 0 Ribadeo