Rajoy apela ao legado de Nelson Mandela para defender a unidade de España. Fíxoo nunha entrevista en RNE que recolle Europa Press
Fálase
Comezou xa acto de funeral e homenaxe a Nelson Mandela. Pódese seguir ao vivo a través desta ligazón
Milwaukee acollerá o primeiro simposio sobre Estudos Galegos en Norteamérica. (Re)Mapping Galician Studies in North America celebrarase o vindeiro mes de maio
Presentan unha ruta literaria do mar de Arousa e do Ulla, destacando autores coma Camilo José Cela, Rosalía de Castro, Valle Inclán, Castelao, Dieste, Ramón Cabanillas ou Manuel Antonio.
Catro de cada dez contratos temporais asinados en 2013 duran menos dun mes, e un 24% duran menos dunha semana. En 2008 os contratos temporais con duración inferior a 31 días representaban o 32%
Falece o alcalde de Viveiro, Melchor Roel, a causa do cancro que padecía, segundo confirma o PSdeG.
Esta mañá preséntase en Compostela a nova edición do Mercado da Estrela, a feira de Nadal dos novos creadores galegos que inclúe ademais un programa cultural complementario.
O Goberno rexional madrileño volve cuestionar o sistema de sanidade pública, desta volta cuestionando que o persoal médico sexa funcionario.
O PP perdería a maioría absoluta no Congreso pero seguiría a ser a primeira forza dunha Cámara moito máis plural, segundo unha enquisa que hoxe publica El Diario na que o BNG se mantén con dous escanos.
O CSIC négase a titular en galego unha revista porque "perdería prestixio" e suporía un "problema", segundo sentenza o director do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.