Compromiso por Galicia presentou en Ourense a súa campaña As nosas pagas son de lei, en defensa do dereito dos traballadores públicos a percibir a paga extra de decembro. Ao acto asistiron Xosé Manuel Pérez Bouza, Rafael Cuíña e Sandra Arauxo.
Fálase
O fundamentalista cristián Anders Breivik, condenado a 21 anos de cárcere polo asasinato de 77 persoas o pasado verán. Foi declarado "mentalmente sano" e condenado por "actos terroristas". É a pena máxima en Noruega.
O Goberno portugués prepara un plan para pechar a RTP2 e ceder o resto das canles públicas de televisión e radio a grupos privados, mediante concesións de 15 ou 20 anos.
Ao redor de 300 persoas apoiaron en Ferrol o Ateneo, no festival reivindicativo que se celebrou este xoves
O transporte público na Coruña perdeu 250 mil usuarios en 2012. A oposición culpa ás políticas do Goberno de Negreira do descenso, en especial á eliminación do carril bus.
As protestas estudantís en Chile acaban con 139 detidos. Os organizadores realizan un "balance positivo" da convocatoria.
Sánchez Gordillo cualifica de "terrorismo informativo" a portada que La Razón lle dedicou o xoves.
Lance Armstrong perderá os seus sete tours, despois de que o ciclista norteamericano anunciase que deixará a súa loita por demostrar a súa inocencia ante as acusacións de dopaxe
O Ateneo de Madrid acolle un acto de apoio da Flotilla da Liberdade e ao veleiro Estelle, que se dirixe a Gaza
Colectivo Burbuja entrevista o enxeñeiro Xavier Cugat, que explica "o que se agacha detrás do problema enerxético español"