As protestas estudantís en Chile acaban con 139 detidos. Os organizadores realizan un "balance positivo" da convocatoria.
Fálase
Sánchez Gordillo cualifica de "terrorismo informativo" a portada que La Razón lle dedicou o xoves.
Lance Armstrong perderá os seus sete tours, despois de que o ciclista norteamericano anunciase que deixará a súa loita por demostrar a súa inocencia ante as acusacións de dopaxe
O Ateneo de Madrid acolle un acto de apoio da Flotilla da Liberdade e ao veleiro Estelle, que se dirixe a Gaza
Colectivo Burbuja entrevista o enxeñeiro Xavier Cugat, que explica "o que se agacha detrás do problema enerxético español"
Os inquilinos que atrasen o pago do aluguer poderán ser desafiuzado en dez días, segundo a Lei de Medidas para a Flexibilización e Fomento do Mercado de Aluguer, que aprobará este venres o Consello de Ministros
Cuac FM realizou esta mañá o depósito de oito mil euros esixido pola Xunta para poder participar no concurso licenzas comerciais. Pide a participación de cidadáns e colectivos sociais na súa campaña de crowdfunding para recadar fondos.
CCOO, CIG e UGT volven concentrarse conxuntamente este venres contra as políticas de austeridade e os recortes de dereitos laborais e sociais. As citas serán en Vigo ás 11:00 horas, fronte á sede da Xunta. En Ferrol, ás 12:30 horas, fronte á sede da Xunta. En Santiago, ás 12:00 horas na Praza de Galicia. En Ourense, ás 12:00 horas fronte á Subdelegación do Goberno. En Pontevedra, ás 11:00 horas diante da Subdelegación do Goberno. Na Coruña ás 12:00 horas na Praza de Ourense. E en Viveiro (Celeiro), ás 11:00 horas fronte á Delegación de Pesca.
Esquerda Unida preguntará no pleno da Coruña por que nos cartaces da feira taurina aparecía o logo do Concello como "patrocinador" do evento cando o Goberno municipal manifestou en multitude de ocasións "que as touradas só se realizaría se foran autofinanciadas".
Hoxe, mañá e o domingo poderá verse dende Galicia a simple vista a Estación Espacial Internacional (ISS), segundo Amazngs.es. Será só durante uns minutos, pois a condición é que ten que ser noite na superficie, pero aínda día na órbita do satélite.