A Real Academia Galega publica un artigo póstumo de Xosé Neira Vilas. No texto Un libro definidor o escritor, falecido a pasada semana, conta como distribuíu o Sempre en Galiza por toda América e como o fixo chegar a Galicia ás agachadas.

A Real Academia Galega publica un artigo póstumo de Xosé Neira Vilas. No texto Un libro definidor o escritor, falecido a pasada semana, conta como distribuíu o Sempre en Galiza por toda América e como o fixo chegar a Galicia ás agachadas.
O xornalista e tertuliano Eduardo Inda, imputado por vincular o diario Gara con ETA. Recólleo Naiz.
Xa podes facer o teu prognóstico para as eleccións xerais na 'porra' electoral de eldiario.es
Ciudadanos quere aumentar o gasto en Defensa. O partido laranxa ve no Exército un “elemento fundamental para garantir as liberdades, os dereitos e a seguridade dos españois"
A CUP reforza o veto a Mas e achega Catalunya a unhas novas eleccións. A formación reclama a Junts pel Si "que se mova" e presente outro canidato.
Ciudadanos estaría a só catro puntos do PP, segundo unha enquisa para El Mundo. O partido laranxa sería segunda forza política nas xerais, segundo este inquérito.
Margallo anima a Macri a unha "liberalización sen complexos" na Arxentina. O ministro presume das novas relacións de España co país austral logo da vitoria da dereita nas eleccións.
A crise suma 30.000 casas baleiras ás máis de 300.000 que ten Galicia. As máis de 112.000 vivendas construídas no país desde 2008 están sen habitar.
O 90% dos deputados piden que o Congreso os indemnice ao deixar o cargo na fin da lexislatura. O pagamento é incompatible con outro tipo de ingreso público ou privado.
As bases da CUP reafírmanse no 'non' a Artur Mas e Catalunya achégase a novas eleccións. A formación aproba seguir negociando pero sempre que haxa un candidato diferente ao actual president.