O Concello da Coruña adxudicoulle o redeseño da súa área urbana a un ex socio de Urdangarín, segundo revela este domingo El País
Fálase
Este mediodía celébrase en Santiago unha manifestación "contra a corrupción e en defensa dos dereitos sociais e nacionais". Convócana o BNG, o CCPI, a CIG, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega.
Milleiros de persoas manifestáronse onte nas principais cidades de Portugal contra os recortes impostos pola troika e aplicados polo Goberno de Passos Coelho. O xornal Público relata a xornada baixo o título Muitas marés, uma só vaga de descontentamento. Nas marchas estivo moi presente o espírito do 25 de Abril e entoouse Grândola, vila morena, como recolle este vídeo.
Anova vén de acordar a celebración da súa primeira asemblea nacional entre o 8 e o 9 de xuño. Antes, en abril, a formación que lidera Xosé Manuel Beiras "celebrará unha asemblea deliberante" aberta á cidadanía.
- O Comité Nacional do PSdeG aproba a celebración da consulta á militancia para elixir secretario xeral o 1 de xuño. Toda a información, esta tarde en Praza.
Edís do PP, do PSdeG e independentes presentan unha moción de censura contra o alcalde de Vimianzo, do BNG. A dirección socialista desautoriza a operación e anuncia que os concelleiros serán "expulsados de inmediato".
Vázquez propón que o congreso extraordinario do PSdeG se celebre o 6 de xullo. A "consulta" á militancia sobre a secretaría xeral sería o 1 de xuño. Máis información, esta mañá en Praza.
Pachi Vázquez abre o comité nacional do PSdeG subliñando que "non conseguiremos gañar a confianza da sociedade mentres non sexamos fortes e esteamos unidos como organización" e subliña a crise que viven os partidos "maioritarios".
O secretario xeral do PSdeG na Coruña, Francisco Caamaño, apela ao artigo 6 da Constitución, que establece que a estrutura interna "ten que ser democrática", para apoiar que o vindeiro líder dos socialistas galegos sexa elixido en primarias. Faino minutos antes do comezo do Comité Nacional do partido.
O preconcurso de acredores de Pescanova prodúcese despois de que a banca se negase a renegociar un préstamo coa multinacional. Cóntao Faro de Vigo.