O preconcurso de acredores de Pescanova prodúcese despois de que a banca se negase a renegociar un préstamo coa multinacional. Cóntao Faro de Vigo.
Fálase
O Concello de Vilardevós contratou un detective para controlar un traballador. Cóntao La Región
Un xefe policial freou a inspección do espazo que Bárcenas tiña na sede do PP, segundo conta El País
O PP reelixe este sábado en Burela a José Manuel Barreiro como presidente provincial en Lugo. Está previsto que ante o congreso se produzan protestas.
Esta mañá o PSdeG reune en Santiago o seu Comité Nacional. Sobre a mesa está o calendario do vindeiro congreso e o xeito en que se renovará a secretaría xeral. A información, hoxe en Praza.
O Celta pon á venda as entradas para o derbi o vindeiro martes. Non haberá preferencia para os socios e serán despachadas nunha tenda de Vodafone.
O xuíz mantén a Lendoiro á fronte do Deportivo e rexeita a petición do administrador concursal de suspender as funcións do consello de administración do club.
A esta hora celébrase en Santiago unha homenaxe póstuma a Ceferino Díaz, o histórico galeguista do PSdeG falecido o pasado decembro (foto: @godial)
Unhas 300 persoas manifestáronse esta tarde ante a casa do Concello de Vilagarcía, onde o presidente da Xunta asistiu aos actos conmemorativos do centenario do municipio. (Foto: @Snifgz)
O Consello de Ministros autorizou este venres á Xunta a emitir 201,4 millóns de euros de débeda pública. Os Orzamentos da Xunta para 2013 destinan 1.110 millóns de euros á partida de endebedamento.