O Consello de Ministros autorizou este venres á Xunta a emitir 201,4 millóns de euros de débeda pública. Os Orzamentos da Xunta para 2013 destinan 1.110 millóns de euros á partida de endebedamento.
Fálase
A policía preséntase na sede do PP para preguntar polo despacho de Bárcenas e o partido asegura que o ex tesoureiro xa non ten dependencia ningunha.
A vicesecretaria xeral do PSOE, Elena Valenciano, pecha a súa conta en Twitter por ataques aos seus fillos. Cóntao El Diario.
O Goberno español impugna a declaración de soberanía aprobada polo Parlamento de Cataluña. O Executivo cre que a declaración "é contraria á Constitución".
A Policía acode á sede do PP, na rúa Génova de Madrid, despois de que o ex tesoureiro do partido, Luis Bárcenas, presentase unha denuncia polo suposto roubo de dous ordenadores. Cóntao El País.
O Club Deportivo Lugo lanza un vídeo para animar a súa base social a participar no proceso de conversión do club en sociedade anónima deportiva, que comeza hoxe e é imprescindible para que poida continuar a xogar en categorías profesionais.
Esta tarde comezan as primeiras Xornadas pola Mobilidade Sostible da comarca da Coruña. Podedes consultar aquí o programa das actividades que organiza a Plataforma pola Mobilidade da Coruña.
Bárcenas denuncia o PP por forzar o seu despacho e roubarlle dous ordenadores portátiles.
Urdangarín leva seis meses sen pagar a hipoteca do seu palacio de Barcelona, segundo confirmou o seu avogado e recolle El País
UGT suspende de militancia o seu líder en Vigo polas críticas á executiva galega. Queixárase polo reparto desigual de fondos na organización.