Bárcenas denuncia o PP por forzar o seu despacho e roubarlle dous ordenadores portátiles.
Fálase
Urdangarín leva seis meses sen pagar a hipoteca do seu palacio de Barcelona, segundo confirmou o seu avogado e recolle El País
UGT suspende de militancia o seu líder en Vigo polas críticas á executiva galega. Queixárase polo reparto desigual de fondos na organización.
A Comisión Nacional do Mercado de Valores vén de suspender cautelarmente a cotización en Bolsa de Pescanova "por concorrer circunstancias que poderían perturbar o normal desenvolvemento" das súas operacións".
Urdangarin e os seus socios saquearon a fundación para nenos discapacitados. Só investiron en fins sociais o 1,5% dos máis de 620.000 euros que recibiron de doazóns públicas e multinacionais.
Un vigués vén de lograr que Novagalicia Banco acepte a dación en pagamento da súa vivenda e o outorgamento dun alugueiro social. Cóntao Faro de Vigo
O PSOE lanza o vídeo #NoMásPPeinetas para denunciar as mentiras do PP e de Mariano Rajoy no caso Bárcenas.
Bieito XVI xa non é Papa. A súa conta de twitter @pontifex pasa de chamarse Benedicto XVI a chamarse Sede Vacante
Varias asociacións de militares portugueses apoiarán a manifestación convocada este sábado polo movemento Que se Lixe a Troika.
O Cumio Social convoca 50 manifestacións en todo o Estado para o 10 de marzo baixo o lema Contra o paro. Pola rexeneración da democracia.