Varias asociacións de militares portugueses apoiarán a manifestación convocada este sábado polo movemento Que se Lixe a Troika.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/512f99d60d343-371994.jpg)
Varias asociacións de militares portugueses apoiarán a manifestación convocada este sábado polo movemento Que se Lixe a Troika.
O Cumio Social convoca 50 manifestacións en todo o Estado para o 10 de marzo baixo o lema Contra o paro. Pola rexeneración da democracia.
O Papa Bieito XVI sobrevoa Roma nun helicóptero rumbo a Castel Gandolfo, a residencia dende a que este serán oficializa a súa renuncia ao pontificado. El País ofréceo en directo.
O Director Xeral de Xuventude foi apupado na Facultade de Ciencias Politicas da USC e tivo que suspender o acto que tiña previsto celebrar ante as protestas dos estudantes.
Os afectados polas preferentes obrigan a suspender outro pleno, desta vez o de Nigrán. É o cuarto pleno que se paraliza no país ante o endurecemento das protestas dos aforradores.
A Policía négase a deixar de facer redadas baseándose en criterios raciais. Faino nunha resposta á Defensora del Pueblo que recolle Público.es
Novagalicia Banco pechará 131 oficinas neste ano, 49 delas en Galicia, e empeza así a aplicar o plan de reestruturación, tal e como aclara nun comunicado.
O Instituto da Lingua Galega afirma nun comunicado que non "promoveu ningún tipo de acción para orientar ou condicionar as decisións da RAG". Salienta que no seu dia fixo súa “a análise elaborada pola Real Academia Galega” sobre o decreto do plurilingüismo e que a razón de que non presentase un recurso xudicial está en que pola súa condición de instituto universitario "carece de personalidade xurídica propia e non pode acudir aos tribunais".
Besteiro pide a continuidade á fronte da RAG de Méndez Ferrín, que evita aclarar se pensa dar marcha atrás na súa decisión de dimitir. O presidente da Academia non responde ás preguntas sobre o seu anuncio de deixar a institución. "Non hai comentario", limítase a dicir na presentación dun dicionario gastronómico na Coruña. Máis información, esta tarde en Praza.
#consellodaxunta Feijóo di que o rexeitamento ao dique flotante no Congreso "é un problema do BNG no Congreso e do PP no Congreso", pero a "postura da Xunta" é que o dique se constrúa, asegura.