O Director Xeral de Xuventude foi apupado na Facultade de Ciencias Politicas da USC e tivo que suspender o acto que tiña previsto celebrar ante as protestas dos estudantes.
Fálase
Os afectados polas preferentes obrigan a suspender outro pleno, desta vez o de Nigrán. É o cuarto pleno que se paraliza no país ante o endurecemento das protestas dos aforradores.
A Policía négase a deixar de facer redadas baseándose en criterios raciais. Faino nunha resposta á Defensora del Pueblo que recolle Público.es
Novagalicia Banco pechará 131 oficinas neste ano, 49 delas en Galicia, e empeza así a aplicar o plan de reestruturación, tal e como aclara nun comunicado.
O Instituto da Lingua Galega afirma nun comunicado que non "promoveu ningún tipo de acción para orientar ou condicionar as decisións da RAG". Salienta que no seu dia fixo súa “a análise elaborada pola Real Academia Galega” sobre o decreto do plurilingüismo e que a razón de que non presentase un recurso xudicial está en que pola súa condición de instituto universitario "carece de personalidade xurídica propia e non pode acudir aos tribunais".
Besteiro pide a continuidade á fronte da RAG de Méndez Ferrín, que evita aclarar se pensa dar marcha atrás na súa decisión de dimitir. O presidente da Academia non responde ás preguntas sobre o seu anuncio de deixar a institución. "Non hai comentario", limítase a dicir na presentación dun dicionario gastronómico na Coruña. Máis información, esta tarde en Praza.
#consellodaxunta Feijóo di que o rexeitamento ao dique flotante no Congreso "é un problema do BNG no Congreso e do PP no Congreso", pero a "postura da Xunta" é que o dique se constrúa, asegura.
#consellodaxunta Feijóo agradécelle a Bieito XVI "en nome do Goberno e en nome da inmensa maioría dos galegos" a súa visita no Xacobeo 2010. Lembra que foi o "primeiro dirixente político" en coñecer que Ratzinger visitaba Compostela. "É unha deferencia que non olvidarei xamais", di.
#consellodaxunta O Consello ratifica que os concellos que se fusionen terán "un mínimo do 30% de todas as puntuacións de todas as convocatorias de axudas e subvencións". Tamén "primará" os municipios que concorran aos subsidios de maneira conxunta.
#consellodaxunta O Consello declara de incidencia supramunicipal o novo plan acuícola. Segundo as novas normas da Xunta pódense instalar piscifactorías en calquera punto da costa, tamén en espazos protexidos.