#consellodaxunta Feijóo agradécelle a Bieito XVI "en nome do Goberno e en nome da inmensa maioría dos galegos" a súa visita no Xacobeo 2010. Lembra que foi o "primeiro dirixente político" en coñecer que Ratzinger visitaba Compostela. "É unha deferencia que non olvidarei xamais", di.
Fálase
#consellodaxunta O Consello ratifica que os concellos que se fusionen terán "un mínimo do 30% de todas as puntuacións de todas as convocatorias de axudas e subvencións". Tamén "primará" os municipios que concorran aos subsidios de maneira conxunta.
#consellodaxunta O Consello declara de incidencia supramunicipal o novo plan acuícola. Segundo as novas normas da Xunta pódense instalar piscifactorías en calquera punto da costa, tamén en espazos protexidos.
Galicia pechou 2012 cun déficit do 1,19%, segundo vén de sinalar o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. O obxectivo marcado polo Estado era dun máximo do 1,5%. A autonomía con menor déficit foi Extremadura.
Stop Desafiuzamentos cualifica de "decepcionante" a súa reunión cos Servizos Sociais da Coruña. Asegura que o concelleiro Miguel Lorenzo só ofreceu "boas palabras" pero "ningunha solución" ao caso de Aurelia Rey.
Bankia perdeu máis de 19.000 millóns de euros no ano 2012. No exercicio anterior perdera 3.000 millóns.
Un xeneral na reserva xustifica a intervención militar para evitar a secesión. "A patria vale máis que a democracia", asegurou Juan Antonio Chicharro, segundo conta El País.
A economía galega caeu un 1,2% en 2012. A contracción do PIB galego foi dos décimas menor á do conxunto do Estado (-1,4%), segundo os datos do IGE.
O DOG publica este xoves os Orzamentos Xerais para 2013, que entran mañá en vigor. Algúns artigos están vixentes de xeito retroactivo dende o 1 de xaneiro.
Os empresarios españois defenden a figura do aprendiz como solución ao paro xuvenil e queren seguir o exemplo da Xunta, que xa implantou o contrato de aprendizaxe nun acordo coa patronal.