Stop Desafiuzamentos cualifica de "decepcionante" a súa reunión cos Servizos Sociais da Coruña. Asegura que o concelleiro Miguel Lorenzo só ofreceu "boas palabras" pero "ningunha solución" ao caso de Aurelia Rey.
Fálase
Bankia perdeu máis de 19.000 millóns de euros no ano 2012. No exercicio anterior perdera 3.000 millóns.
Un xeneral na reserva xustifica a intervención militar para evitar a secesión. "A patria vale máis que a democracia", asegurou Juan Antonio Chicharro, segundo conta El País.
A economía galega caeu un 1,2% en 2012. A contracción do PIB galego foi dos décimas menor á do conxunto do Estado (-1,4%), segundo os datos do IGE.
O DOG publica este xoves os Orzamentos Xerais para 2013, que entran mañá en vigor. Algúns artigos están vixentes de xeito retroactivo dende o 1 de xaneiro.
Os empresarios españois defenden a figura do aprendiz como solución ao paro xuvenil e queren seguir o exemplo da Xunta, que xa implantou o contrato de aprendizaxe nun acordo coa patronal.
A economía española caeu en 2012 un 1,4%. A contracción do PIB foi maior no cuarto trimestre, no que a caída foi do 0,8%, cinco décimas máis que o trimestre anterior.
Trabállase na idea da Wikipedia Zero, unha version simplificada da enciclopedia en liña, pensada para os paises non desenvolvidos, e pola que os usuarios non terian que pagar conexión de datos.
O deputado do PSC José Zaragoza, secretario xeral adxunto no Grupo Socialista co Congreso, abandona o cargo no marco das tensións abertas entre PSOE e PSC. Segundo eldiario.es, "Acéndense as alarmas de ruptura no PSOE"
Remiten unha muller a Povisa, onde faleceu, despois de estropearse o electrocardiograma do PAC de Cangas. O Sergas confirma que se averiou un aparato, pero que o centro conta con tres, dous fixos e un portátil