Trabállase na idea da Wikipedia Zero, unha version simplificada da enciclopedia en liña, pensada para os paises non desenvolvidos, e pola que os usuarios non terian que pagar conexión de datos.
Fálase
O deputado do PSC José Zaragoza, secretario xeral adxunto no Grupo Socialista co Congreso, abandona o cargo no marco das tensións abertas entre PSOE e PSC. Segundo eldiario.es, "Acéndense as alarmas de ruptura no PSOE"
Remiten unha muller a Povisa, onde faleceu, despois de estropearse o electrocardiograma do PAC de Cangas. O Sergas confirma que se averiou un aparato, pero que o centro conta con tres, dous fixos e un portátil
O BNG activa a web #contigo17M, o blog no que centralizará a información da súa asemblea nacional, que se celebra o vindeiro 17 de marzo en Compostela.
A AELG fai un chamamento para que Méndez Ferrín siga como presidente da Academia: "a súa dimisión ou marcha da Academia significaría un empobrecemento na pluralidade que é necesario teña a RAG".
Montoro insinúa que deputados do PSOE non pagan impostos. O ministro de Facenda responde así ás críticas polo seu comentario sobre as obrigas fiscais dos actores españois.
Unha protesta contra os recortes en ensino dos Orzamentos da Xunta interrompe unha conferencia do director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, na facultade de Ciencias Políticas de Santiago. (foto: @PinheiroGoian)
O concelleiro de Servizos Sociais da Coruña reunirase con Stop Desahucios. A cita está fixada para este xoves ás 8 da mañá, logo de que o colectivo reclamase a xuntanza cun peche na concellería.
Todos os grupos do Congreso dos Deputados agás o PP esixen que o deputado de UPyD Toni Cantó deixe a Comisión de Igualdade tras asegurar, baseándose en datos falsos, que "a maioría" das denuncias por violencia machista non son reais. En El Diario.
O CD Lugo presenta a campaña para a conversión en sociedade anónima, que comeza o vindeiro venres. O club lucense debe reunir 3 millóns de euros.