Os sindicatos de Novagalicia Banco impugnan o ERE. Alegan que é "fraudulento" porque está xustificado "en causas económicas falsas".
Fálase
Querela en Arxentina contra varios cargos do franquismo, entre eles Rodolfo Martín Villa. A rede cidadá contra o franquismo pedirá a imputación de ex ministros e xuíces da ditadura.
Vigo coordinará a rede de campus mariños españois durante os dous primeiros anos de andaina de CEI.MarNet, que agrupa máis de 10.000 investigadores de 12 universidades.
Gómez Besteiro non desbota unha lista de consenso con Pachi Vázquez, ao que "estaría disposto a integrar" para as primarias no PSdeG. Veno de asegurar nunha entrevista na Radio Galega.
Como afectará ao prezo do petróleo a morte de Chávez? Expansión analiza as consecuencias do falecemento do presidente do país coas maiores reservas de cru coñecidas.
“As mulleres son as grandes desfavorecidas do mercado laboral”, salienta Inma López Silva, secretaria nacional de igualdade de CxG.
Segundo La Voz de Galicia o Consello de Ministros podería aprobar este venres unha fórmula, a través do Fondo de Garantía de Depósitos, para compensar parte dos aforros perdidos polos afectados polas preferentes.
Continúan en Ferrol os traballos para tentar localizar o pecio de La Ragazzona, o maior barco da Armada Invencible
Tras a paralización da poxa de CatalunyaBanc o Ministerio de Economía estuda unir o control de todas as entidades nacionalizadas baixo a matriz de Bankia
Unhas 300 persoas participaron durante este xoves en Pontevedra nun acto da plataforma SOS Sanidade Pública para amosar o seu rexeitamento á privatización e para reiterar a apuesta polo hospital único en Montecelo.