O Goberno central aprobou onte unha declaración institucional "con motivo do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia", pero a vicepresidenta Sáenz de Santamaría non a mencionou na súa comparecencia ante os medios posterior ao Consello de Ministros
Fálase
A práctica totalidade dos diarios impresos levan hoxe ás súas portadas a reforma financeira do Goberno central, que obrigará a Novagalicia Banco a provisionar uns 1.000 millóns de euros máis
Correspondentes estranxeiros negan a teoría do Goberno central e dos comerciantes madrileños segundo a cal as protestas do movemento 15M "prexudican a imaxe" do Estado no exterior. En La Información.
A asociación A Gentalha do Pichel celebra ao longo de toda o día de hoxe A Festa do 17. Polas rúas do centro de Santiago o colectivo cultural desenvolve un amplo programa de actividades, adiantándose á festa da lingua do Día das Letras.
O persoal dos centros de Traballo e Benestar considera "todo un éxito" as mobilizacións desenvolvidas este venres. Iniciada na Cidade da Cultura como "símbolo máximo do desbalde", os traballadores fixeron fincapé en que é "mentira o que dixo a conselleira Beatriz Mato" e sinalan que os seus postos de traballo si están en perigo
O PPdeG organiza mañá un "xantar multitudinario" na Coruña baixo o lema Comprometidos con Feijóo
Falece en Bos Aires Manuel Cordeiro, pintor na emigración e un dos últimos supervivintes da xeración que participou no Primeiro Congreso da Emigración Galega en 1956
A patronal bancaria asegura nun breve comunicado que cumprirá os novos requisitos de provisións anunciados polo Goberno central e engaden que as entidades o farán sen recorrer a entidades públicas.
Os afectados polas preferentes das antigas caixas conseguen falar con Feijóo ao remate do programa La Ventana, da Cadena SER, emitido dende a Cidade da Cultura. O xornalista Ignacio Escolar recolle o momento.
O programa La Ventana da Cadena SER propicia que os afectados polas preferentes de Novagalicia Banco lle formulen unha pregunta a Feijóo. Ínstaos a "non confundir amigos con inimigos" e asegura que o Goberno galego é "aliado" seu. Implicitamente, volve responsabilizar a Joaquín Almunia.