O comité de empresa de TV3 e Catalunya Ràdio rexeita a intervención dos medios de comunicación públicos cataláns por parte do Goberno central, nunhas críticas ás que se une o Colexio de Xornalistas de Cataluña e tamén o director de informativos de Catalunya Radio
Fálase
Unha masiva manifestación protesta en Barcelona contra os encarceramentos de Jordi Cuixart e Jordi Sánchez e a intervención da autonomía catalá por parte do Goberno central
O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, fará unha declaración institucional ás 21 horas. Antes, participará pola tarde na manifestación convocada en Barcelona para pedir a liberdade dos líderes de ANC e Òmnium, Jordi Sànchez e Jordi Cuixart.
Mariano Rajoy comparece para informar dos pasos que dará o Goberno para intervir a autonomía catalá.
A Fiscalía está preparando unha querela por rebelión no suposto de que se declare a independencia en Cataluña nos vindeiros días. O delito de rebelión pode levar a unha pena de entre 15 e 25 anos de cadea
Eldiario.es publica o argumentario distribuído polo PP entre os seus dirixentes para xustificar a aplicación do artigo 155 en Cataluña
A xuntanza extraordinaria do Consello de Ministros para aprobar as medidas que conterá a activación do artigo 155 en Cataluña comezou ás 10 horas. Rajoy ofrecerá unha rolda de prensa para explicar o contido do pactado con PSOE e Cs
O rei Felipe VI avala a aplicación do artigo 155 para "facer fronte a un inaceptable intento de secesión" en Cataluña
Nova dimisión en Portugal pola xestión da vaga de incendios. Tras a marcha da ministra responsable do operativo vén de deixar o seu cargo o presidente de Protección Civil, Joaquim Leitão. Cóntao o xornal Público.
O PP financiou a súa campaña electoral de 2011 en Madrid con 1,5 millóns de diñeiro negro, segundo un informe policial que revela La Vanguardia