Ás 11 horas a asociación de vítimas e familiares de vítimas do accidente do Alvia levará a cabo unha concentración na Praza do Obradoiro para "esixir verdade e xustiza" no terceiro aniversario do sinistro. Ás 20.41 (hora á que descarrilou o tren) lembrarán en Angrois os falecidos e feridos. Na estación da Coruña gardarase un minuto de silencio ás 21.10, hora á que debería ter chegado o tren á cidade herculina. Toda a información, hoxe en Praza.
Fálase
A Universidade da Coruña obtén financiamento para 27 proxectos de investigación con cargo ás convocatorias estatais de 2015 para a excelencia e os "retos da sociedade". En total, captaranse 1,7 millóns de euros
El Periódico dedica este domingo un especial aos varios casos de corrupción aínda abertos en Cataluña: Pujol, 3%, Mercuri, Palau ou Pretoria
O Celta caeu ante o Nacional en Montevideo (2-0) cun equipo inzado de suplentes. Esta noite o Deportivo enfróntase a Peñarol.
Yolanda Díaz destaca a asemblea da Marea Constituínte do día 30 como o "pistoletazo de saída" para sacar o PP da Xunta. Esquerda Unida presentou ante o Museo do Pobo Galego o seu manifesto para o 25 de xullo, baixo o título de "Depende de nós".
Un atentado suicida do EI en Kabul deixa cando menos 61 persoas mortas e 207 feridas
Yosi (Los Suaves), hospitalizado tras caer do escenario mentres daba un concerto en Santander. A banda ourensá recibirá este domingo a Medalla de Ouro de Galicia
A Confederación de Empresarios de Galicia prevé despedir dúas traballadoras que están de baixa por maternidade. O plan de viabilidade presentado polo seu presidente inclúe 8 despedimentos, dos que 5 se farán efectivos xa este mes.
O incendio que este venres queimou 130 hectáreas en Monterrei, foi declarado como "estabilizado" ás 5.30 desta madrugada.
Hillary Clinton escolle o senador Tim Kaine como candidato á Vicepresidencia. O ex-gobernador de Virxinia pertence ao sector máis conservador do Partido Demócrata, fala español e espérase que lle dispute ao ticket Trump-Pence os votos moderados e de varóns brancos