Calo será Woodstock por un día

Cartaz do Galicia-Woodstock © Praza Pública

A clave é o revival. E o amor. Este sábado o Campo da Festa de San Domingo de Calo acollerá unha recuperación do espírito do 69, de Woodstock, a través do festival Galicia Woodstock, no que máis de 100 músicos interpretarán os éxitos dagunha das bandas máis importantes do rock and roll. A cita, que en edicións anteriores congregou  máis de 4.000 persoas, inclúen tamén vodas hippies, obradoiros de cociña vegana e artesanía e tamén unha quedada de vehículos clásicos: furgonetas Vokswagen Camper, motos vespa, custom e clásicas, así como diferentes coches de época, que optarán aos premios que se entregarán ás 20 horas.

Os seus organizadores destacan que "os xestos solidarios e o talante pacífico recuperarán o espírito máis xenuíno do 69, realzando o pensamento altruísta e fomentando valores sociais de mancomunidade básicos"

A entrada é de balde e tamén o é a campada no recinto preparado para a ocasión. Os seus organizadores destacan que "os xestos solidarios e o talante pacífico recuperarán o espírito máis xenuíno do 69, realzando o pensamento altruísta e fomentando valores sociais de mancomunidade básicos, que hoxe parecen caer en desuso".

Un dos maiores atractivos na última edición do festival, foron as vodas hippies, unhas ligazóns simbólicas (sen valor legal) nos que os contraentes gozan dunha cerimonia na que recibirán un certificado coa firma e nomes dos cónxuxes e testemuñas

Lembran igualmente que "un dos maiores atractivos na última edicón do festival, foron as vodas hippies, unhas ligazóns simbólicas (sen valor legal) nos que os contraentes gozan dunha cerimonia na que recibirán un certificado coa firma e nomes dos cónxuxes e testemuñas". Terán lugar a partir das 20.30 nunha carpa habilitada para tal fin, e a cerimonia será dirixida por un representante do concello de Teo. Espérase superar as 28 unións realizadas a edición anterior, pois ano a ano débense renovar os votos.

Os concertos, chamados Xan Session, comezarán ás 21.30 horas, coa participación de The Blackstones e a Licor Café Rock Band, así como unha mostra dos avances obtidos polos alumnos da escola de música A Casa do Rock. Seis horas de música co mellor de Jimmy Hendrix, Joe Cocker, Patti Smith, Led Zeppelin, Cannned Heat, Santana, Janis Joplin, David Bowie, Beatles ou os Rolling Stones.

Cartaz do Galicia-Woodstock © Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.